O gran reto de Ralph Hasenhüttl, recuperar a ilusión no St. Mary's

Foto: ITV.com


Ralph Hasenhütll asinou esta semana coma novo adestrador do Southampton. O técnico suizo de 51 anos afronta a súa primeira aventura fora de Alemania. Ante si terá un proxecto que vense a murchar pouco a pouco nos últimos anos, debido a perda de pezas claves e ás abundantes ventas.

O Southampton regresou á Premier League en 2012 despois de sete anos alonxado da elite inglesa. Os Saints acumulan dende enton varias tempadas a moi bo nivel na competición. Os últimos anos, sen embargo, están a ser anos de receso, anos no que o club estase a afastar la zona europea. O coqueteo cos grandes equipos, especialmente cando chegou Mauricio Pochettino, deu paso a un baile co descenso que levou aos dirixentes a ter que despedir a Mark Hughes, o último técnico antes de Hasenhültt.

Dende a volta do Soton á Premier League, os Saints tiveron anos mellores e peores, destacando por enriba de todos as tempadas 14/15 e 15/16, onde acumularon 18 vitorias en cada unha. Naqueles elencos destacaban xogadores como Rickie Lambert, Morgan Schneiderlin, Grazziano Pellé, Dejan Lovren, José Fonte, Dusan Tadic, Sadio Mané, Van Dijk ou Victor Wanyama. Son moitísimos os xogadores que nos últimos anos abandonaron o St. Mary’s Stadium para xogar nos grandes equipos do país. Principalmente o Liverpool, pero tamén o Manchester United ou o Tottenham nutríronse do novo talento que xurdía ao sur de Inglaterra. O traspaso de Virgil Van Dijk ao Liverpool no anterior nadal sumou 80M máis para unhas arcas que xa estaban a punto de estoupar grazas ás cuantiosas sumas que levan chegando durante varios anos nos mercados de verán. Aínda que a saída de todos estes xogadores supuxo unha suma superior aos 300M dende o regreso do Soton a Premier, a realidade é que tanta saída e entrada de novos xogadores e adestradores non permitiu ao club medrar como debía. Sen estabilidade, o club viu como as súas posibilidades en Premier caen en picado ano tras ano, dende Koeman ata o día de hoxe, onde a situación xa é perigosa.
         
Virgil Van Dijk no Soton antes de marchar a Liverpool por €80M | Foto: MundoDeportivo

Tras o empate ante o Manchester United, Mark Hughes foi cesado. O técnico galés chegou a pasada tempada, tras despedir a Pellegrino, e el ser tamén despedido do Stoke City. Unha fichaxe impulsiva e precipitada, que se ben serviu para salvar ao club un ano, non para dous. Mark Hughes é un técnico que, salvo na súa etapa no Blackburn Rovers, e a inicial do Stoke City, acumula decepción tras decepción nos últimos 10 anos. O seu paso polo Manchester City foi moi frouxo, e no Stoke City o público acabou pedindo a súa dimisión pola falta de ambición do equipo. Nos últimos anos Hughes empeñouse en xogar con defensa de cinco, un esquema que na Premier League non abunda debido a necesidade de más músculo no campo. So Antonio Conte foi capaz de facer brillar a unha defensa de cinco nos últimos anos. Nin Van Gaal, nin Wenger o conseguiron, e moito menos Hughes. O galés intentou adaptar o plantel ás súas ideas, pero o resultado foi nefasto. Unha soa vitoria na Premier League en 15 partidos, 13 goles a favor e 29 en contra. Danny Ings, con catro goles, é o máximo artilleiro.

A realidade que vive o Southampton e a que se encontrará Hasenhütll é moi distinta á que debería existir. O Soton conta cunha plantilla de moitísimo talento, pero un equipo que non se adaptou correctamente á defensa de 5, onde quizás, o maior problema, sexa a falta de gol. Tras Ings, o seguinte máximo anotador é Stuart Armstrong (tres goles) o Höjbjerg (2 goles), futbolistas que non deberían ser os encargados de anotar os goles. Manolo Gabbiadini, que chegou en xaneiro para ser o líder da dianteira, tan só leva un gol. Charlie Austin, un dianteiro que fai uns anos graduouse con honores no Queens Park Rangers, tan so anotou dous goles, e Shane Long, con menos minutos ca os seus compañeiros, aínda non se estreou. Obviamente, o traballo anotador non só debe recalar nos puntas, tamén os homes de segunda fila. Nathan Redmond e Mohamed Elyounoussi todavía non se estrearon, e iso é un lastre que un equipo de Premier non se pode permitir.

O Southampton con Koeman, un equipo ben distinto do de agora | Foto: Getty Images

A falta de fame do plantel, que parece asumir un papel secundario na Premier, sen mostrar gran pelexa e garra nos seus encontros é outro dos problemas que debe solucionar Ralph Hasenhütll. O técnico suizo terá que revitalizar un xogo apagado, e tratar de recuperar o sorriso dos xogadores. Xogadores de grandísima calidade, como Lemina, Oriol Romeu, Ward-Prowse. Cedric, Bertrand, Vestegaard e compañía, que deben volver a confiar nas súas facultades para que o Southampton, á deriva, volva a retomar o destino correcto.
A un mes de chegar o mercado invernal, Hasenhütll terá tempo para probar e decidir con que xogadores quere quedarse. O Southampton debe moverse con precaución, pois xa gastou un bo montante económico este verán. Hai dous postos que Hasenhütll debe reforzar con extrema necesidade: a portería e a banda dereita. Redmond é un fixo na esquerda, e aínda que Elyounoussi sexa un xogador de boa calidade, non aporta o que Dusan Tadic ou Mane aportaban anos atrás. Un xogador individualista, que sexa capaz de facer 10 ou 12 goles partindo dende a banda, sería o propicio. Tamén se busca porteiro, xa fai tempo que Fraiser Forster está lonxe do Forster que chamou á selección. Esta temporada un dos grandes males do club é a portería, onde Alex McCarthy non aporta seguridade. Angus Gunn chegou procedente do Manchester City este verán por unha cifra próxima aos 11M, pero aínda non debutou na Premier League.

Por último, o gran reto de Hasenhütll é recuperar a Charlie Austin. O dianteiro inglés é unha máquina goleadora cando conta ca confianza, regularidade e sorte que un “9” puro necesita para desempeñar correctamente o seu papel. O ex do QPR non está atinado de cara a porta, pero se Hasenhütll consegue volver a enchufar a Austin ao circuíto goleador, o Southampton terá moitas máis posibilidades de se salvar.

Ralph Hasenhütll ten moitísimo traballo por diante. Recuperar a varios xogadores perdidos no limbo do tempo, retornar a fame de triunfo ao St. Mary’s, encontrar un once que se adapte ás características do plantel (1-4-3-3 sería o idóneo), e recuperar o instinto goleador de Gabbiadini e Charlie Austin. Polo de agora, deberá conformarse con lograr unha vitoria, algo que non sucede dende o un de setembro ante o Crystal Palace. O futuro do Southampton pasa polas mans dun suizo que, no seu paso por Alemaña, demostrou ser un técnico que aposta polo balón raso, bo fútbol, combinacións veloces e xogadores xoves. Aínda que, todo o que haxa vivido, será moi distinto ao reto que agora afronta, unha Premier League que devora a todos os que non son capaces de estar a gran nivel. E a ese nivel, terá que chegar o Southampton para non regresar á Championship.

Charlie Austin, a chave para desatascar a situación | Foto: Sky Sports

Comentarios